Publicidad:
Terra
La Coctelera

Categoría: Tecnología

De Telefónica, R e esas cousas

Recién chegado do San Pepe de Coruña, e afincado no cómodo sofá da miña casa escribo brevemente sobre algo que me leva chamando a atención dende fai unha temporada. Recordo o primeiro router wifi que tivemos na casa, de telefónica, igual que agora. Tiña unha conexión lenta, inestable e un precio bastante "desorbitado", por iso, e a pesar das sucesivas subidas de ancho de banda, nunca me pareceu que Telefónica funcionara moi ben. De ahí que cando me transladei a Pontevedra, donde no piso xa podíamos ter unha conexión por cable con R me sorprendera, e gratamente, que, polo mesmo prezo que pon Telefónica, R proporcionara unha conexión moito máis fiable e moi rápida. Sen embargo, de fai uns meses a aquí, parece que Telefónica está notando unha desbandada xeral de clientes hacia a mellor calidade de R, ou hacia a maior asequibilidade de outras empresas, xa que agora teño tamén aquí en Cuntis unha conexión digna de mención. Podemos ter dous ou tres ordenadores conectados sen necesidade de esperar anos para cargar o Tuenti...Un punto, o primeiro quizáis, para Telefónica.

"Software democrático"

 

 Inmersos en un mundo informático dominado principalmente polo software desarroiado maioritariamente porMicrosoft Windows, e, en segundo lugar, por Mac OS, unha pequena corriente alternativa surxe ó redor dunha figura pouco conocida nos círculos alleos á informática: Richard Stallman, o mesías do software democrático.

    Pero, que é o software democratico? Según Stallman para que un software sexa democrático debe cumplir catro requisitos: Debe permitir ao usuario utilizar o programa como desexe; estudalo e adaptao; dar a opción de axudar ap próximo distribuíndo copias e de beneficiar á comunidade repartindo versións modificadas. Obviamente, estas características exclúen a Microsoft Windows e Mac OS, xa que ningún de estes sistemas operativos permiten distribuír copias. Por iso, e para solucionar esta "dictadura" informática, Stallman e o seu equipo desarroiou un software que cumplira os requisitos "democráticos"; este foi coñecido como GNU, un sistema operativo que foi completado por un estudiante finlandés, Linus Torvalds, e que pasou a chamarse GNU/Linux, ou mundialmente coñecido simplemente como Linux.

     Cada vez son máis os desarroiadores de software que apostan por apoiar este sistema libre, no que cada quen é libre de modificar o código fuente. Xa non son descoñecidas as distintas administracións que optan por un sistema que podríamos calificar de menos sectario caMicrosoft Windows e Mac OS. A pesar de todo, e das incríbles vantaxes que ofrece un software libre, GNU/Linux non ocupa máis do 2% do mercado. Isto débese sen dúbida á menor rendabilidade económica do sistema, que non permite invertir en publicidade o suficiente como para estar á altura de Windows e Mac OS, sen embargo, seguro que a Bill Gates e Steve Jobs de vez en cando lles entra un pequeno resquemor ó lembrarse de que existe quen, e cada vez máis, desafía o seu oligopolio.

     GNU/Linux é, a fin de contas, unha alternativa que debemos de ter en conta á hora de pensar en qué tipo de sistema operativo queremos para o noso ordenador. GNU/Linux é unha saída, un respiro, que quizáis nos poida facer máis viable o acceso á informática, algo indispensable en este mundo.