Imaxínome que á maioría dos lectores de este blog, que por outro lado a estas alturas imaxino que son ben poucos, non sabrán quen é Enric Duran. Este xove de 33 anos é un conocido activista antisistema catalán. Podemos topar unha entrevista dose de declaración de principios pinchando aquí.
Que foi o que levou a este completo desconocido a estar no centro da actualidade? Pois nada menos que estafar á banca 492.000 euros. A través de enpresas ficticias e nóminas falsas conseguiu créditos de 39 entidades bancarias diferentes. O diñeiro que obtivo dedicouno a dúas cousas; primeiro, á publicación dunha revista na que explicaba todo o proceso para conseguir o diñeiro; e segundo, a fondos de organizacións anti-sistema. Para el esta acción que a policía describe como delito non é máis que unha forma de protesta social e unha alternativa á crise e ó endeudamento.
Pois ben, despóis de levar a cavo esta "fazaña", Enirc Duran decidiu emigrar unha temporada a Sudamérica para esperar a que se calmasen as augas. Sen embargo, voltou para Barcelona fai uns días, para participar en actividades antisistema e para rebentar a crise. Sen embargo, o proceso xudicial aberto contra el por parte dos bancos fixo que os mossos d´escuadra de Cataluña o detiveran, pasando a noite do 17 de maio en prisión. Despóis disto pasou a disposición xudicial, onde o xuez, por precaución, xa que non se conoce o paradeiro do diñeiro oficialmente, decretou prisión sen fianza. Un mal final para outra forma de ver o sistema.
Agora o que nos toca preguntar é se este xove merecía a carcel, ou polo contrario é un visionario ó que debemos de apoiar. Pola miña parte teño ben clara a resposta, pero non a citarei.


Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados