Xustiza universal
Non é que me considere un radical, nin sequera un exaltado, pero cada día estou máis convencido de que eso ó que lle chaman democracia non funciona no noso país, se é que existe siquiera. A democracia está definida pola wikipedia como "unha forma de goberno na cal as decisións colectivas son adoptadas polo pobo mediante mecanismos de participación directa ou indirecta que outorga lexitimidade ós gobernantes".
Algo de esta definición non marcha ben cando se aproba "de tapadillo", como di Fernando Gareamanuel Altozano en EL PAÍS, e con consenso dos dous grandes partidos políticos españois, a nova lei de xustiza universal, que impide que a xustiza española poda investigar crimes no extranxeiro que non teñan relación directa con España. Que supón isto? basicamente un novo triunfo dos poderosos. Para dar algún exemplo dos casos que se archivarán ca nova lei, podemos falar do xenocidio á poboación tibetana levado a cabo polo goberno chinés o pasado marzo do 2008, xusto antes das olimpiadas de Pekin 2008, ou un bombardeo selectivo en Gaza por parte das autoridades israelíes, que se saldou coa morte de 14 civís, algúns deles nenos.
E é que a democracia no noso país está en horas baixas, entre tanto escándalo por financiacións ilegais, a Fundescam me remito; por non falar da ilegalización de iniciativa internacionalista, algo que ata os xuices tildan de inconstitucional...




paula dominguez cabal dijo
solución: jaime presidente jeje
24 Mayo 2009 | 02:24 AM